Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1683

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 20 de decembro de 2011 de emprazamento para trámite de audiencia, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/89/2011 a Emérita Souto Somoza, en relación coas obras consistentes na edificación de vivenda unifamiliar de soto, planta baixa e baixo cuberta, edificación auxiliar e cerramento, que se levan a cabo no lugar de Leborei 15-b, parroquia de San Vicente de Cerponzóns, no termo municipal de Pontevedra, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal, o expediente citado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística