Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 16 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes SAN-CO-0122/2011MP e SAN-CO-0133/2011-MP.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane s/n, edificio administrativo Monelos 3.º andar, ala sur (A Coruña), en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: SAN-CO-0122/2011-MP.

Denunciado: José Manuel Mosteiro López.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-0133/2011-MP.

Denunciado: David Cabo Cardinali (Circo Roy Cardinali).

Acto de notificación: incoación.