Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 12 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Política Social, pola que se fai pública a notificación da resolución dun expediente tramitado por esta secretaría.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE n.º 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á entidade que a continuación se indica a resolución do seu expediente administrativo con cargo á Orde do 21 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de subvencións a entidades de iniciativa social, para o desenvolvemento de programas que contribúan a fomentar a inclusión social e a integración no mercado de traballo das persoas en situación ou risco de exclusión social, e se procede á súa convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo 2007/2013, toda vez que, intentada a notificación, non se puido practicar.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta e, potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte desta publicación. Neste caso, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto, expresamente ou por desestimación presunta, o recurso de reposición.

O expediente consta no Servizo de Inclusión Social da Consellería de Traballo e Benestar, sito en San Caetano, s/n, 15881 Santiago de Compostela.

Número de expediente: 2011/000091-0.

Interesado: Fegaxor (Federación Galega de Persoas Xordas).

CIF: G-36505584.

Enderezo que figura no expediente: camiño Real, 13. Lugar de Arén-Samieira, 36992 Poio (Pontevedra).

Asunto: resolución administrativa denegatoria de data 22.7.2011 correspondente ao programa Gappda presentado á orde de convocatoria antedita.

Motivación da resolución: non acadar a puntuación suficiente en relación a outros programas presentados, unha vez valorados conforme os criterios establecidos na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011

Coro Piñeiro Vázquez
Secretaria xeral de Política Social