Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 10 de xaneiro de 2012 Páx. 1468

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vaia realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Sanea Control, S.L.

3. Data.

O 17, 18 e 19 de xaneiro de 2012.

4. Lugar de realización.

Instalacións de Sanea Control, S.L.

Avda. Mahía, n.º 106, baixo.

15220 Bertamiráns-Ames.

A Coruña.

5. Número de prazas.

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 17.1.2012

10.00-11.00 h

Introdución. Lexislación.

11.00-13.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

13.00-14.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

15.30-16.45 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria

16.45-19.30 h

Métodos de loita antivectorial

Día 18.1.2012

10.00-11.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas

11.00-12.30 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases

12.30-14.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación

15.30-16.30 h

Preparación de disolucións de produtos

16.30-17.30 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas

17.30-19.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación

Día 19.1.2012

9.30-11.45 h

Técnicas de aplicación de praguicidas

11.45-12.45 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas

12.45-14.00 h

Resolución de exercicios prácticos

14.00-15.00 h

Avaliación tipo test

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2011.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores
de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: o 17, 18 e 19 de xaneiro de 2012.

Lugar de realización do curso:

Instalacións de Sanea Control, S.L.

Avda. Mahía n.º 106, baixo.

15220 Bertamiráns-Ames.

A Coruña.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: o 17 e 18 de xaneiro de 10.00-14.00 h e de 15.30-19.30, o 19 de xaneiro de 9.30-15.00 h.

N.º de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 16 de xaneiro de 2012, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía, 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELEFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: