Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1184

I. Disposicións xerais

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 5 de xaneiro de 2012 pola que se determina a adscrición dos órganos superiores e directivos regulados no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

Mediante Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, integrase nela a Consellería do Medio Rural e do Mar.

No Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, estruturase a Consellería do Medio Rural e do Mar en tres órganos superiores e catro órganos directivos, coa adscrición dun organismo autónomo e tres entes públicos.

O Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, regula o réxime transitorio de adscrición dos extinguidos e novos órganos superiores e directivos ata que se aprobe por decreto a nova estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Ao abeiro do disposto na disposición transitoria primeira, cómpre determinar a adscrición das direccións xerais ás novas secretarías xerais.

E así mesmo, de acordo co disposto na disposición transitoria segunda, debe determinarse a adscrición dos órganos dependentes das secretarías xerais técnicas e direccións xerais suprimidas aos órganos superiores ou directivos correspondentes mentres non se regule pola nova estrutura orgánica.

Polo todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

1. Adscribir, con carácter temporal e ata que se aprobe o decreto de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, as direccións xerais resultantes da estrutura orgánica que fixa o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, ás secretarías xerais correspondentes por razón da materia da seguinte forma:

– Quedan adscritas á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes:

– Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

– Dirección Xeral de Produción Agropecuaria.

– Queda adscrita á Secretaría Xeral do Mar:

– Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

2. Adscribir, con carácter temporal e ata que se aprobe o decreto de estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, os órganos dependentes dos órganos superiores suprimidos aos seguintes órganos superiores e directivos:

– Adscríbense á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar os órganos dependentes das secretarías xerais técnicas das extintas Consellería do Medio Rural e Consellería do Mar.

– Adscríbense á Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes os órganos dependentes das extinguidas direccións xerais:

– Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais.

– Dirección Xeral de Montes.

– Adscríbense á Secretaría Xeral do Mar os órganos dependentes das extinguidas direccións xerais:

– Dirección Xeral de Competitividade e Innovación Tecnolóxica.

– Dirección Xeral de Ordenación e Xestión do Recursos Mariños.

3. Os órganos superiores e de dirección adscritos á nova Consellería do Medio Rural e do Mar e os seus órganos dependentes manterán a súa estrutura e funcións ata que se proceda ao desenvolvemento do decreto de estrutura orgánica.

4. Esta orde será publicada no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xaneiro de 2012.

Rosa M. Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar