Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1308

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2011, da Xerencia Executiva do Hospital do Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Hospitalización deste hospital.

Convocada por Resolución 8/2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 169, do 5 de setembro), a provisión dun posto de supervisor/a de la Unidade de Hospitalización do Hospital do Salnés, o xerente executivo, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 5 da Orde da Consellería de Sanidade do 15 de xuño de 2009 (Diario Oficial de Galicia n.º 119, do 19 de xuño), modificada pola Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 188, do 30 de setembro),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a da Unidade de Hospitalización do Hospital do Salnés, convocada pola Resolución 8/2011, do 3 de xuño (Diario Oficial de Galicia n.º 169, do 5 de setembro).

Segundo. Nomear, para os posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. A aspirante nomeada deberá cesar na praza que desempeña dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a Orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, cando a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Vilagarcía de Arousa, 25 de novembro de 2011.

Bibiano Justo Fernández- Arruti López
Xerente executivo do Hosital do Salnés

ANEXO

Posto: supervisora da Unidade de Hospitalización.

Nome e apelidos: Verónica Antón Fuentes.

DNI: 76827965-F.