A Xerencia de Xestión integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve proceder o anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada do posto de xefe da Sección de Calidade.
A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.
As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de trinta días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG .
Pontevedra, 29 de novembro de 2011.
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés