Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: adecuación C.T. Novoa Santos (expediente 11.144).
Situación: concello da Coruña.
Características técnicas: reforma do centro de transformación (C.T.) non prefabricado existente en Novoa Santos 32-34, consistente en: substitución de dous transformadores existentes por dous de potencia unitaria 630 kVA cunha relación de transformación de 15/0,4-0,32 kV, instalación de celas de alta tensión modulares 2L+2P, adecuación interior do C.T., substitución da B.T., nova rede de terras interior, foso de recollida de aceite e malla metálica de protección de transformadores. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
A Coruña, 13 de decembro de 2011.
P.A. (Artigo 39.3 Decreto 324/2009; DOG nº. 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial