Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 9 de xaneiro de 2012 Páx. 1338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Pobra de Trives (expediente IN407A 2011/58-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica:

Solicitante: Electro Manzaneda, S.L.

Domicilio social: Dr. Marañón 4, entresollado A, 32005 Ourense.

Denominación: cambio a subterráneo da L.M.T. aérea existente ao C.T. Fontefría.

Situación: A Pobra de Trives.

Descricións técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV de 1.400 m, con condutor tipo R.Z.H. 12/20 kV 1×95 mm2 e orixe na caseta de M.T. Queixa, en estación de montaña Manzaneda e remate no tramo subterráneo existente da L.M.T. n.º 3, expediente 1.043 ao C.T. Fontefría. Orzamento: 125.353,76 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 31 de agosto de 2011.

P.S.L. (Decreto 324/2009, do 11 de xuño)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas