Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o expediente para a aprobación dun plan de aproveitamento específico (anguía) nas augas do río Ulla.

A Xefatura Territorial do Medio Rural de Pontevedra somete a información pública o expediente para a aprobación dun plan de aproveitamento específico (anguía, Anguilla anguilla) nas augas do río Ulla, durante un prazo de 15 días, segundo o disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O expediente está á disposición de todos aqueles que puideren ter interese nel na Xefatura Territorial do Medio Rural, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda n.º 43, 2.º, 36071 Pontevedra.

Pontevedra, 14 de decembro de 2011.

Gerardo Zugasti Enrique
Xefe territorial de Pontevedra