Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Xoves, 5 de xaneiro de 2012 Páx. 1141

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de limpeza e desinfección no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (expediente 48/11).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza e desinfección no Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia.

c) División por lotes e número: non leva.

d) Lugar de execución /entrega: Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lugo).

e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: poderá prorrogarse por un tempo máximo de doce meses.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: segundo a apígrafe K da folla de especificacións.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 165.000 €, IVE (18%): 29.700 €, importe total: 194.700 €.

Valor estimado: 247.500 euros (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 545 748 (consultas administrativas) 981 545 733 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 57 92.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17023

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de xaneiro de 2012.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (edificio administrativo de San Caetano s/n, Santiago de Compostela, CP 15781), e podese enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. A presentación das proposicións en lugar distinto do sinalado será causa de rexeitamento ou exclusión. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 57 92).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, edificio administrativo San Caetano s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas:

A apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, o día 10 de febreiro.

Hora: 12.00 horas.

11. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 13 de decembro de 2011.

13. Outras informacións: información sobre as condicións dos contratos dos traballadores a que afecte a subrogación (anexo I do prego de prescripcións técnicas).

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 24.4.2009; DOG n.º 81, do 28 de abril)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural