Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 692

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervantes

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación.

Solicitada licenza de actividade para proxecto de ampliación de explotación de vacún de carne en Vilarello da Irexa, parroquia de Vilarello, por María Luisa Rodríguez Olmo, neste concello tramítase o correspondente expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo termo de 20 días tal como establece o artigo 8.3.º do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Cervantes, 14 de decembro de 2011.

Benigno Gómez Tadín
Alcalde