Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo de mantemento das infraestruturas de comunicacións de voz e datos, do sistema de control de accesos e do sistema de videovixilancia do CHUO (AB-CHO1-11-004).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e Servizos Xerais. Sección de Contratación. Rúa Ramón Puga 52, 32005 Ourense. Teléfono 988 38 56 91. Fax 988 38 50 08.

c) Número do expediente: AB-CHO1-11-004.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento das infraestruturas de comunicacións de voz e datos, do sistema de control de accesos e do sistema de videovixilancia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

c) Lote: único.

d) CPV: 72590000-7.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 15 de febreiro de 2011, BOE do 23 de febreiro, DOG do 1 de marzo.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 680.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 340.000,00 euros sen IVE; importe IVE (18%): 61.200,00 euros; importe total con IVE: 401.200,00 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 13 de outubro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 31 de outubro de 2011.

c) Contratista: Galega de Enxeñería e Instalacións, S.L., NIF B32337958.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 292.254,24 euros sen IVE; importe IVE (18%): 52.605,75 euros; importe total con IVE: 344.860,00 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as detalladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante con data do 13.10.2011.

Ourense, 18 de novembro de 2011.

Eloína Núñez Masid
Xerenta de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras