Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 640

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4158-2008 JS).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 4158-08 JS a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 811/2006 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Juan Manuel Iglesias Fraga contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Constructora Exporvey, S.L., Mutua Fremap, sobre incapacidade temporal, con data 15 de decembro 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos. Que con desestimación do recurso interposto por Juan Manuel Iglesias Fraga, confirmamos a sentenza que con data 2.6.2008 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveu o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap, a empresa Constructora Exporvey, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala número 1552 0000 35 (n.º recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma á Constructora Exporvey, S.L., con último domicilio coñecido na Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, 15 de decembro de 2011.

O secretario xudicial