De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,
DISPOÑO:
Que cese, por pasar a desempeñar outro cargo público, na súa condición de conselleiro do Medio Rural Samuel Juárez Casado, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, tres de xaneiro de dous mil doce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente