Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Mércores, 4 de xaneiro de 2012 Páx. 456

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 5/2012, do 3 de xaneiro, polo que se dispón que cese Rosa María Quintana Carballo como conselleira do Mar.

De conformidade co artigo 16.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, na súa condición de conselleira do Mar Rosa María Quintana Carballo, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, tres de xaneiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente