Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, do contrato do servizo consistente na explotación da rede de control das augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolve dar publicidade á formalización da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: OH088302SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://augasdegalicia.xunta.es/gl/contratacion.htm

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento e aplicación dunha metodoloxía para avaliar o estado das augas subterráneas no ámbito territorial de Galicia-Costa.

c) CPV: 90743100-8.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia, núm. 77.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de abril de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 970.833,56 euros (IVE incluído).

5. Orzamento base de licitación. Importe base: 411.370,15 euros. Importe total: 411.370,15 € + 74.046,63 € (IVE) = 485.416,78 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 7 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 12 de decembro de 2011.

c) Contratista: Eptisa, Servicios de Ingeniería, S.L.

7. Importe o canon de adxudicación. Importe base: 322.636,70 euros. Importe total 380.711,31 euros (IVE incluído).

a) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa técnica e economicamente.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei de contratos do sector público, aprobada pola Lei 30/2007, do 30 de outubro.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente de Augas de Galicia