Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011 pola que se fai pública a formalización dos contratos administrativos de execución de obras públicas hidráulicas que se citan, non suxeitos a regulación harmonizada, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

A Presidencia da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, ao abeiro das facultades que lle confire o artigo 9 do Decreto 125/1996, do 7 de marzo, polo que se aproban os estatutos do dito ente, contratou as seguintes actuacións:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?OR=24

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado dos contratos: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes das ofertas dos adxudicatarios: proposicións economicamente máis vantaxosas por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección das súas ofertas con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obras.

a) Descrición: rede de sumidoiros en Cidrás, Marín (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.985.

CPV (referencia de nomenclatura): 508002.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 139, do 20 de xullo de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 90.106,32 euros. Importe total: 106.325,46 euros.

Data de adxudicación: 25 de novembro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 80.005,40 euros. Importe total: 94.406,37 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de decembro de 2011.

Contratista: Servitec Medio Ambiente, S.L.

b) Descrición: mellora na rede de sumidoiros na parroquia de Marcón, I fase, Pontevedra (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.961.

CPV (referencia de nomenclatura): 511003.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 139, do 20 de xullo de 2011.

Orzamento base de licitación: importe neto: 804.372,57 euros. Importe total: 949.159,63 euros.

Data de adxudicación: 30 de novembro de 2011.

Importe de adxudicación: importe neto: 715.087,21 euros. Importe total: 843.802,91 euros.

Data de formalización do contrato: 9 de decembro de 2011.

Contratista: Espina y Delfín, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 anterior están cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun setenta por cento (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 Medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario 46 Tratamento da auga (auga residual). Unha maneira de facer Europa.

O cofinanciamento europeo, así mesmo, fíxose público no perfil do contratante e foi comunicado de xeito individual aos licitadores.

4. Outras informacións.

As adxudicacións dos citados contratos, en cumprimento do artigo 135 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foron debidamente notificadas aos licitadores e publicadas no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos