Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 411

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de información pública do plan de canalización do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense (expediente 5036/11).

Anúnciase que a Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 10 de novembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«11. Plan de canalización do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense, redactado pola adxudicataria Eyser, S.A. Expediente de planeamento urbanístico 2011005036, aprobación inicial.

A Xunta de Goberno local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1.º Aprobar inicialmente o plan de canalización do río Miño ao seu paso polo concello de Ourense redactado pola adxudicataria Eyser, S.A.

2.º Someter o expediente a información pública durante o prazo dun mes mediante a publicación de anuncios no Diario Oficial de Galicia e o Boletín Oficial da provincia de Ourense, taboleiro de anuncios e páxina web, e solicitar os informes sectoriais preceptivos».

O dito expediente atópase no Negociado de Planeamento Urbanístico para sometelo a exposición pública polo prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día siguiente á publicación oficial deste anuncio, para que todas as persoas interesadas poidan presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 16 de novembro de 2011.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde presidente