Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 412

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio en Tarela.

Por Acordo do Pleno corporativo adoptado na sesión extraordinaria do 18.11.2011, aprobouse definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio no lugar de Tarela (Porto do Son), o que se publica pra os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do Medio Rural de Galicia:

«O Pleno corporativo, órgano competente para a adopción deste acto administrativo, polo artigo 22.2.c) e 47.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, así como o artigo 86 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Visto o Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio no lugar de Tarela (Porto do Son), promovido de oficio polo Concello de Porto do Son e redactado pola empresa Consultora Galega, S.L.

Visto que con rexistro de saída n.º 1618 do 12.5.2010 se remitiu á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o documento para a decisión sobre a necesidade do procedemento de avaliación ambiental estratéxica do plan especial, para o sometemento del á avaliación ambiental estratéxica, de conformidade co previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente e na Lei 6/2007, do 11 de maio, de medidas urxentes en materia de ordenación do territorio e do litoral de Galicia.

Visto que con rexistro de entrada n.º 4223 do 25.6.2010 se presenta no concello comunicación da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental na cal se dá coñecemento da Decisión do 16 de xuño de 2010 onde se resolve declarar a non necesidade de someter a avaliación ambiental estratéxica o Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio no lugar de Tarela (Porto do Son).

Visto o informe da arquitecta municipal do 25.6.2010; así como o informe da Secretaría Xeral n.º 22/2010, do 25.6.2010.

Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria e urxente, do 29.6.2010, no cal se aproba inicialmente o plan especial e se somete o expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncio no DOG, BOP, no taboleiro de edictos e nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Visto o certificado da Secretaría Xeral do concello, do 29.9.2010, onde en relación ao período de información pública acredita que se publicou o anuncio en:

Taboleiro de edictos do Concello de Porto do Son. Publicado o día 2.7.2010 e retirado o día 29.9.2010.

Xornal El Correo Gallego. Publicado o día 10.7.2010.

Xornal La Voz de Galicia. Publicado o día 6.7.2010.

BOP. Publicado no BOP n.º 130, do 12.7.2010.

DOG. Publicado no DOG n.º 152, do 10.8.2010.

Así como que non consta a presentación de ningún tipo de alegación durante o dito período.

Visto o informe conxunto da secretaria e arquitecta municipal previo á aprobación provisional do PEID do 29.9.2010 (IS 40/2010).

Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión extraordinaria e urxente, do 29.9.2010, na que se aproba provisionalmente o PEID para instalación dun tanatorio en Tarela (Porto do Son).

Visto que con data do 11.10.2010 se remite o plan especial ao Servizo de Urbanismo da CMATI para a emisión de informe previo á aprobación definitiva.

Visto que o 11.2.2011 con rexistro de entrada n.º 1056 o subdirector xeral de Urbanismo remite informe previo á aprobación definitiva do plan especial, sinalando que é preciso corrixir deficiencias e volver a solicitar novo informe á consellería con carácter previo á aprobación definitiva do plan especial.

Con data do 28.2.2011, a arquitecta municipal emite informe sobre as correccións introducidas no plan especial a requirimento da CMATI, considerando que non é unha modificación substancial e, por tanto, non é preciso volver a realizar o trámite da información pública.

Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do 10.3.2011, na cal se aproba provisionalmente o plan especial para instalación dun tanatorio en Tarela, coas modificacións introducidas a requirimento da CMATI.

Visto que con data do 22.3.2011 e rexistro de saída n.º 1537 e 1538 remítese o plan especial á Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe e á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Visto o informe da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe relativo ao plan especial que tivo entrada no Concello de Porto do Son o día 19.5.2011, con rexistro de entrada n.º 3633.

Visto o Informe previo á aprobación definitiva emitido pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, que tivo entrada no Concello de Porto do Son o día 27.7.2011 con rexistro de entrada n.º 5545, no cal se emite informe favorable previo á aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a instalación dun tanatorio no lugar de Tarela.

Visto o informe da arquitecta municipal, do 6.9.2011, n.º 244/2011, no cal conclúe que o plan especial se axusta ao ordenamento urbanístico vixente.

Visto o informe da Secretaría Municipal, do 14.11.2011, IS 36/2011, que establece: «Cumpridos os trámites sinalados nos puntos anteriores tal e como se sinalan nos antecedentes administrativos deste informe, sobre todo coa emisión do informe preceptivo por parte da consellería competente en materia de urbanismo (CMATI) do 27.7.2011, de xeito favorable, o Concello pode proceder á aprobación definitiva do plan especial».

Considerando o establecido no artigo 86 e 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

ACORDA:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio no lugar de Tarela (Porto do Son), promovido de oficio polo Concello de Porto do Son e redactado por Consultora Galega, S.L., de data de febreiro de 2011, aprobado provisionalmente na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do 10.3.2011.

Segundo. O plan especial, en virtude do artigo 92 da Louga, terá vixencia indefinida, sen prexuízo da súa modificación e revisión.

Terceiro. Este acordo de aprobación definitiva será publicado, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia, e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas será publicado no Boletín Oficial da provincia. No anuncio de aprobación definitiva farase contar a remisión da documentación á consellería, tal e como se establece no punto cuarto deste acordo.

Cuarto. Como a competencia para a aprobación definitiva do plan especial corresponde ao Concello de Porto do Son, a aprobación definitiva será comunicada á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan especial, debidamente dilixenciados pola secretaria do Concello, facendo constar a dita circunstancia.

Quinto. A eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento do disposto no artigo 92 da Louga e ao que dispoña para o efecto a lexislación reguladora da Administración actuante. Neste senso, o artigo 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, sinala que o articulado das normas dos plans urbanísticos, así como os acordos correspondentes aos ditos plans urbanísticos cuxa aprobación definitiva sexa competencia dos entes locais, serán publicados no BOP e non entrarán en vigor ata que se teña publicado completamente o seu texto e transcorrese o prazo previsto no artigo 65.2 da propia lei (quince días hábiles)».

De conformidade co artigo 92.3 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise constar neste anuncio a remisión da documentación do Plan especial de infraestruturas e dotacións para un tanatorio no lugar de Tarela (Porto do Son), á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, todo iso sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren máis conveniente ao seu dereito.

Porto do Son, 29 de novembro de 2011.

José Luis Oujo Pouso
Alcalde presidente