Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 351

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1058/2009).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1058/2009 por instancia de Joaquín López Pérez contra Couceiro Ebanistería, S.L., e Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L., sobre cantidade nos cales se ditou sentenza o 14 de decembro de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Joaquín López Pérez, debo condenar e condeno as empresas Couceiro Ebanistería, S.L., e Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L., a que aboen ao demandante a cantidade de 4.198,50 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 30 1846 42 0501274.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer recurso na conta 1534000064105809.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma ás empresas Couceiro Ebanistería, S.L., e Desarrollos Urbanísticos Fonte do Fraile, S.L., expido e asino esta na Coruña, 14 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial