Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 3 de xaneiro de 2012 Páx. 352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (792/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe y certifico que neste xulgado se seguen autos número 792/2011 por instancia de Esteban Rey Sánchez contra Industrias Gelucho Romar, S.A., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza en data 14.12.2011, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Fallo que, estimando a demanda interposta por Esteban Rey Sánchez contra a empresa Gelucho Romar, S.A., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 9.199,98 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 46,32 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cles se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade no número de conta 0030 1846 42 0005001274.

E, igualmente, deberá no momento de interpor o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer na conta 1534000064079211.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Industrias Gelucho Romar, S.A., expido e asino a presento na Coruña, 14 de decembro de 2011.

A secretaria xudicial