Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 205

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2011 pola que se anuncia a formalización do contrato da obra de substitución da instalación de climatización do edificio sede deste Consello.

Para efectos de dar cumprimento ao preceptuado no artigo 138.2 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, anúnciase a formalización do contrato de referencia, coas características que se relacionan:

1. Entidade adxudicadora.

a) Institución: Consello de Contas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 11/65.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.ccontasgalicia.es/index.php/gl/contratacion.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de obras.

b) Descrición do obxecto: realización de obras de reforma consistentes na substitución do sistema de climatización do edificio sede do Consello de Contas de Galicia, sito na rúa de Domingo Fontán, n.º 7, en Santiago de Compostela.

c) CPV: F.43.22.12.

Medio de publicación do anuncio de contratación: Diario Oficial de Galicia.

Data de publicación do anuncio de contratación: 31 de agosto de 2011.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios.

4. Valor estimado do contrato: 431.657,31 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 431.657,31 €. Importe total: 509.355,63 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 30 de novembro de 2011.

c) Contratista: Copcisa, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 297.368,72 €. Importe total: 350.895,09 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a proposición presentada pola empresa adxudicataria foi a única que obtivo a puntuación máxima nos tres criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares. A valoración destes foi realizada mediante a aplicación das fórmulas matemáticas establecidas no mesmo documento.

Santiago de Compostela, 12 de decembro 2011.

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia