Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 16 de decembro de 2011, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 15R002/119/2011 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe do Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (edificio administrativo Monelos, 2.º andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 16 de decembro de 2011.

Víctor Tello Calvo
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/119/2011.

Interesada: Promociones Pronialco, S.L.

CIF: B15768070.

Acto notificado: inicio de expediente.

Expediente: 15R002/126/2011.

Interesada: Tifón Hipermoble, S.L.

CIF: B36345213.

Acto notificado: inicio de expediente.