Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Calvos de Randín

ANUNCIO de información pública sobre aprobación inicial do plan especial.

O Pleno do Concello, en sesión extraordinaria levada a cabo o día 26 de outubro de 2011, aprobou inicialmente o Plan Especial en Calvos de Randín para a creación de solo urbanizable para equipamentos públicos.

De conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as súas modificacións posteriores, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o dia seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal os interesados poderán examinar o expediente na Secretaría do Concello e presentar as reclamacións que consideren oportunas.

Calvos de Randín, 17 de novembro de 2011.

Aquilino Valencia Salgado
Alcalde