Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 2 de xaneiro de 2012 Páx. 218

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de información pública sobre actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Solicitada neste concello por Manuel Parente Noya, en representación de Ortegal Laboratory, S.L., licenza municipal para a actividade de fabricación de dispositivos cardiovasculares no parque empresarial da Trabe (parcelas 41-42), Cedeira, o expediente de licenza da dita actividade está en tramitación.

En cumprimento co artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir o período de información pública por un plazo de 20 días hábiles desde a publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no taboleiro de anuncios do concello, para que quen se vexa afectado de algún xeito pola actividade presente as alegacións que considere pertinentes.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio comunícaselles aos interesados aos cales non sexa posible notificar persoalmente ou cando se ignore o lugar de notificación, que están notificados para todos os efectos, e advírteselles do prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para alegar o que consideren oportuno.

O expediente obxecto desta información poderase examinar no Servizo de Urbanismo e Arquitectura deste concello, das 9.00 ás 14.00 horas.

Cedeira, 30 de novembro de 2011.

Alfredo Vilela Santalla
Alcalde accidental