Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Sábado, 31 de decembro de 2011 Páx. 41072

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 238/2011, do 30 de decembro, polo que se dispón que cese Marta Fernández Currás como conselleira de Facenda.

De conformidade co artigo 16.3.º do Estatuto de autonomía de Galicia e co artigo 26.1 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, na súa redacción dada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Que cese, por pasar a desempeñar outro cargo público, na súa condición de conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, trinta de decembro de dous mil once.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente