Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41065

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de solicitude licenza de obra de Maquideza, Sociedade Cooperativa Galega.

María Teresa Mouriño Sexto presentou neste concello, en representación de Maquideza Sdad. Cooperativa Galega, expediente 6564/11, solicitude de licenza de obra para a construción dunha nave para o tratamento de secado de biomasa e almacén de maquinaria, sito no lugar de Alén, Anseán, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que se consideren convenientes.

Lalín, 21 de novembro de 2011.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde