Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública (expediente 6435/11).

Carlos Martínez Dávila, en representación de SAT Sampaio 1140 XUGA, expediente n.º 6435/11, presentou neste concello solicitude de licenza para a construción dunha balsa de almacenamento de xurro de gando vacún na parcela urbana situada no lugar coñecido como Monte de Abilleira, Catasende, preto do lugar de Doade, parroquia de Doade, do municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referenciado, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e que os interesados formulen as alegacións que se consideren convenientes.

Lalín, 6 de outubro de 2011.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde