Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto e trámite urxente, do servizo de limpeza da Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense.

A Xefatura Territorial de Traballo e Benestar en Ourense, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o procedemento que de seguido se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Ourense.

c) Número de expediente: 12/2012.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: servizo de limpeza na Residencia Xuvenil Florentino López Cuevillas de Ourense.

b) Prazo de execución: 1 ano.

3. Procedemento e tramitación.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: urxente.

4. Orzamento de licitación: 45.000 € (IVE incluído); o importe do IVE é de 6.841,41 €.

5. Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación (s/ IVE).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense.

b) Enderezo: avda. da Habana núm. 79, 4.º andar, 32872 Ourense.

c) Teléfono: 988 38 60 96. Telefax: 988 38 68 30.

d) Así mesmo, poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17047

7. Capacidade e solvencia das empresas.

a) Acreditación da solvencia económica, financeira e técncia ou profesional é a exixida nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Clasificación: non se exixe.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que achegar: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro Único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ourense, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 80 do R.D. 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da LCAP. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988 38 68 30), correo eléctronico ou telegrama, no mesmo día.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Xefatura Territorial de Ourense, avda. da Habana 79, 4.º andar , 32872 Ourense.

b) Data: o oitavo día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a súa apertura terá lugar no día hábil seguinte.

c) Hora: a partir das 13.00 horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 20 de decembro de 2011.

P.D. (Orde 19.8.2009)
José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense