Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Venres, 30 de decembro de 2011 Páx. 41030

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se lles notifica a diversos interesados a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei, Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.2.º e 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas da relación adxunta que o 5 de setembro de 2011 a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural ditou resolución pola que se aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de San Xiao de Mos (Castro de Rei-Lugo), que está á disposición dos interesados no Servizo de Infraestruturas Agrarias de Lugo (sito na rolda da Muralla 70, 1.º baixo), de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

No referido acordo figura a correspondente ficha de atribucións cos predios de substitución adxudicados ao propietario.

Para o caso de que se tivesen formulados alegacións en relación co proxecto, o resultado destas sería o que se deriva da ficha de atribucións.

Contra o devandito acordo, que non é definitivo en vía administrativa, os interesados da relación adxunta poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de decembro de 2011.

Ramón Carballo Páez
Xefe territorial de Lugo

anexo

N.º propietario

Nome

125

Francisco Javier López Fernández

152

Jesús Meilán Gallego