Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38653

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña

EDICTO (454/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 3 de outubro de 2011.

Vistos por min, Milagritos Belso Sempere, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 desta cidade, os presentes autos do xuízo verbal, seguidos co número 454/11-R, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, Caja de Ahorros e Monte de Piedad, representado polo procurador Carlos González Guerra e coa asistencia letrada de Isabel Acero Blanco, e parte demandada Ángeles Soto Jiménez.

Fallo.

Que estimando a demanda formulada polo procurador Sr. González Guerra, en nome e representación da Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, Caja de Ahorros e Monte de Piedad, contra Ángeles Soto Jiménez, rebelde, debo condenar e condeno a esta a que lle aboe á demandante a cantidade de tres mil cento corenta e oito euros con sesenta e catro céntimos (3.148,64 €), así como os xuros legais desde a interposición da presente demanda e o previsto no artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución.

Con expresa imposición das custas procesuais á parte demandada.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1525-0000-13-454/11-R, indicando no campo «concepto» a indicación «Recurso», seguida do código «02 Civil-Apelación».

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

A maxistrada-xuíza,

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada que a subscribe no día da súa data.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Ángeles Soto Jiménez, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 2 de novembro de 2011.

María Elma Monzon Cuesta
Secretaria xudicial