Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Mércores, 28 de decembro de 2011 Páx. 38669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 16 de decembro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica a relación das entidades invitadas á sinatura dun convenio de colaboración para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR524A).

Primeiro.

Con data do 15 de decembro de 2011 a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución favorable á selección de entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR524A), nos seguintes termos:

Antecedentes de feito.

1. As empresas indicadas no anexo desta resolución presentaron solicitudes ao procedemento de selección de entidades colaboradoras para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet dentro do prazo establecido na Resolución do 24 de maio de 2011 pola que se convoca o proceso de selección de entidades colaboradoras coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, para a xestión de subvencións destinadas ao acceso dos cidadáns a novas conexións á internet, e pola que se aproban as bases reguladoras das ditas subvencións, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR524A, publicada no DOG núm. 106, do 3 de xuño de 2011).

2. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, nos casos nos cales a solicitude de adhesión non reunía algún dos requisitos exixidos na convocatoria, requiríronse as entidades solicitantes para que, nun prazo de dez días hábiles, emendasen a falta ou achegasen os documentos preceptivos. Neste requirimento fíxose indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terían por desistidas na súa petición, logo da correspondente resolución.

3. Unha vez revisadas as solicitudes de participación e as emendas feitas en función do cumprimento dos requisitos exixidos, constatouse a corrección de todas as solicitudes formuladas.

Fundamentos de dereito.

1. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica é o órgano competente para resolver de conformidade co disposto no artigo 6 da convocatoria.

2. Segundo o disposto no artigo 8 da convocatoria: «Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor formulará a proposta de resolución, que elevará á titular da secretaría xeral, quen ditará a correspondente resolución que conterá a consideración favorable de todas aquelas entidades solicitantes que reúnan os requisitos exixidos nesta convocatoria para as entidades colaboradoras».

3. O artigo 10 da convocatoria establece que: «A notificación da resolución ás entidades que sexan seleccionadas favorablemente incluirá a invitación da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica á sinatura dun convenio de colaboración para que obteñan a condición de entidades colaboradoras, con suxeición ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

A notificación da resolución favorable establecerá un prazo máximo de 10 días para a sinatura do convenio de colaboración. Transcorrido o dito prazo sen que a entidade seleccionada asine o convenio entenderase que a entidade renuncia á súa sinatura. A notificación tamén establecerá o procedemento de sinatura do convenio.

O convenio de colaboración que se asinará recollerá o disposto nas bases reguladoras que se achegan como anexo I a esta resolución. Tamén recollerá os requisitos de personalidade, solvencia e eficacia que figuran nesta resolución».

Vista a Resolución do 24 de maio de 2011 relativa ao procedemento PR524A; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia; a Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o seu regulamento; e demais normativa vixente de aplicación,

Resolvo:

1. Considerar favorables as solicitudes das entidades que figuran no anexo desta resolución.

2. Notificar a resolución aos interesados.

3. Citar os interesados, en primeira convocatoria, para realizar o acto de sinatura o día 20 de decembro de 2011, na sala D do edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela. No caso de non poderen asistir, establécese un prazo máximo de 10 días, contados desde a publicación desta resolución no DOG, para que envíen o convenio asinado a esta xecretaría xeral. Transcorrido o dito prazo sen que a entidade seleccionada asine o convenio entenderase que a entidade renuncia á súa sinatura

Segundo.

No anexo da resolución indicada no punto primeiro recóllense as seguintes entidades:

– R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., con NIF A15474281.

– Telefónica de España, S.A.U., con NIF A82018474.

– Telefónica Móviles España, S.A.U., con NIF A78923125.

– Vodafone España, S.A.U., con NIF A80907397.

Terceiro.

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan utilizar calquera outro que consideren pertinente e oportuno.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe do Servizo de Xestión da Sociedade da Información