Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38403

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Enerxético de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2011, do Instituto Enerxético de Galicia, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de Instatoga, S.L.

De conformidade co disposto nos artigos 59, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, emprázase a interesada indicada no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director do Instituto Enerxético de Galicia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Instituto Enerxético de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, n.º 5, CP 15703, Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.


Eliseo Diéguez Garcia
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Expediente: Instatoga, S.L.

Interesada: Instatoga, S.L.

Acto que se notifica: resolucion de arquivo.