Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Martes, 27 de decembro de 2011 Páx. 38404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO sobre a contratación dunha póliza de seguro colectivo de accidentes.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Infraestruturas.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Infraestruturas.

2) Domicilio: praza do Trigo, n.º 2-3.º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: infraestructuras@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2187.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: privado.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, dunha póliza de seguro colectivo de accidentes do Concello de Ourense.

c) Lugar de execución/entrega:

1) Domicilio: praza Maior, 1.

2) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

d) Prazo de execución: 2 anos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 66512100-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

– Oferta económica: 80 puntos.

– Documentación técnica: 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado do contrato: 120.000 euros (duración total do contrato e posibles prórrogas incluídas).

b) Importe neto: 60.000 euros. Importe total: 60.000 euros.

5. Garantías exixidas.

Definitiva: 5% do importe da adxudicación do contrato.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: artigo 75 do TRLCSP.

b) Solvencia técnica: artigo 78 do TRLCSP.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no Boletín Oficial da provincia e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: rexistro xeral.

2) Domicilio: praza Maior, 1.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Correo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) A data e a hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 19 de decembro de 2011.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde