Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38144

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 7 de decembro de 2011 pola se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 22 de marzo de 2011, recaída no expediente 10.15/89, 63.3/98 e 63.6/00, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 17 de novembro de 2011, a resolución pola cal se o recurso potestativo de reposición interposto por Susana Bugarín Gil, contra a Resolución do 22 de marzo de 2011 ditada da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, de execución subsidiaria da resolución do delegado provincial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente do 28 de setembro
de 2011.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland 1.º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2011.

José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia da Protección da Legalidade Urbanística