Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 2 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Xurídico.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na praza de Luís Seoane, s/n, edificio administrativo Monelos 3.º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

A Coruña, 2 de decembro de 2011.

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Denunciado: Fernando Manuel Santiago Boullón.

Acto de notificación: requirimento Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.