Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38105

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 17 de novembro de 2011, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se dá publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe do Servizo de Uroloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e a Orde do 28 de setembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 188, do 30 de setembro) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe do Servizo de Uroloxía.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro hospitalario.

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Complexo Hospitalario no prazo de trinta días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no DOG.

Pontevedra, 17 de novembro de 2011.

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada