Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38103

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2011, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, convocado pola Orde do 21 de xullo de 2011 (DOG número 142, do 26 de xullo), pola que se fan públicos diversos acordos.

Nas sesións que tiveron lugar o 14 e 15 de decembro de 2011, o tribunal nomeado pola Orde do 11 de outubro de 2011 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas da información, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. En canto ao sistema de promoción interna:

Un. Anular as preguntas 34, 94 e 95 do primeiro exercicio do proceso selectivo, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 101, 102 e 103.

Modificar a resposta da pregunta número 6, pasando a ser a resposta correcta a C).

Dous. Desestimar o resto das solicitudes presentadas.

Tres. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Catro. Indicar que, de conformidade coa base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo pola quenda de promoción interna aqueles aspirantes que obtiveron unha puntuación superior a 10 puntos, para o cal o tribunal fixou en cincuenta (50) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas nesta mesma base.

Segundo. En canto ao sistema de acceso libre:

Un. Anular as preguntas 44, 94 e 95 do primeiro exercicio do proceso selectivo, que pasan a ser substituídas polas preguntas de reserva 101,102 e 103.

Modificar a resposta da pregunta número 20, pasando a ser a resposta correcta a C).

Dous. Desestimar o resto das solicitudes presentadas.

Tres. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Catro. Indicar que, de conformidade coa base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio do proceso selectivo polo sistema de acceso libre aqueles aspirantes que obtiveron unha puntuación superior a 10 puntos, para o cal o tribunal fixou en cincuenta (50) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas nesta mesma base.

Terceiro. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes, no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do servizo de información e atención ao cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da orde pola que se convoca o proceso selectivo, os aspirantes disporán dun prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Jaime Barros Leboreiro
Presidente do tribunal