Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Luns, 26 de decembro de 2011 Páx. 38085

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2011 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (CT985A), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG número 91, do 11 de maio de 2011) modificada pola Orde do 5 de outubro de 2011 (DOG número 200, do 19 de outubro).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/1997, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.761A.770.0, código do proxecto 2007 00372, ao abeiro da Orde do 19 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Estas subvencións están cofinanciadas ao 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a través do Programa operativo do Feder de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 161 PO 005, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 30 de novembro de 2007.

Convocatoria: Orde do 19 de abril de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Cultura e Turismo, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011 (CT985A), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (DOG núm. 91, do 11 de maio de 2011) modificada pola Orde do 5 de outubro de 2011 (DOG núm. 200, do 19 de outubro).

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2011.

P.D. (Orde do 2 de maio de 2009, DOG núm. 87)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura e Turismo

ANEXO

Subvencións para actuacións de mellora dos campamentos de turismo en Galicia:

Solicitante

Actuación

Subvención concedida

Iniciativas Turísticas Gallegas, S.L.

Instalación dun sistema de depuración por cloración no camping rural Arosa II

19.358,00 €

María Dolores Domínguez Outeiral

Remodelación do camping Barraña

397,10 €