Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Ponteareas (expediente IN407A 2011/314-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo & Cía, S.A.

Enderezo social: Doctor Fernández Vega 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.S., C.T. e R.B.T. A Ermida Engasa.

Situación: Ponteareas.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV con condutor Hersatene D.H.Z.1. de 725 metros de lonxitude, desde o apoio n.º 6 da L.M.T.A. subderivación Engasa/A Ermida-Pías ata o C.T. existente A Ermida-Pías. Instalación dun transformador de 100 kVA, R.T. 20 kV/230-400 V, na caseta existente do C.M. A Ermida Engasa. 264 metros de rede de baixa tensión aérea con conductor R.Z. A instalación está situada na Ermida, Pías, Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, ed. administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra