Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37976

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se lle dá publicidade á formalización dun contrato (expediente 06/11 SX).

Para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Galicia calidade como concepto global para o impulso da economía e a industria de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 06/11 SX.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: execución dos traballos consistentes na creatividade, o deseño, a produción de materiais e a inserción de publicidade en diversos medios e soportes dunha campaña de publicidade para ampliar o concepto Galicia Calidade a todos os departamentos e organismos relacionados coa Consellería de Economía e Industria e así poder explicar globalmente e cunha mensaxe única como debe construírse a Galicia do futuro.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).

d) Acordo marco: non.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 20 de xullo de 2011, DOG número 142, do 26 de xullo e BOE número 180, do 28 de xullo.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 483.050,85 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 483.050,85 euros. Importe total: 570.000 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 9 de novembro de 2011.

b) Data de formalización do contrato: 28 de novembro de 2011.

c) Contratista: Síntesis Diseño, S.A.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 483.050,85 euros. Importe total: 570.000 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: presenta unha proposta creativa adecuada aos obxectivos solicitados na campaña, unha estratexia e mix de medios que facilitan o cumprimento dos obxectivos da comunicación e uns mecanismos adecuados para o seguimento e control do desenvolvemento da campaña. Obtén un total de 161,11 puntos na valoración da súa oferta, puntuación superior á das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2011.

P.D. (Orde do 30 de abril de 2009; DOG número 87)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria