Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37911

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 14 de novembro de 2011 pola que se establecen as bases para a concesión das axudas para as prórrogas que se inician no ano 2011 dos programas Isidro Parga Pondal (adxudicación do ano 2008) e Isabel Barreto (adxudicacións do ano 2009), correspondentes a contratos de investigadores en centros de investigación alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015, e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 221, do 18 de novembro de 2011, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 33872, na columna Prazo de presentación da xustificación, onde di: «20 de decembro de 2011», debe dicir: «15 de febreiro de 2012».

Na páxina 33880, na columna Prazo de presentación da xustificación, onde di: «20 de decembro de 2011», debe dicir: «15 de febreiro de 2012».