Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37912

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de decembro de 2011 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011.

A Orde do 15 de xullo de 2011 (DOG do 29 de xullo) pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico, correspondentes ao curso 2010-2011, establece no seu artigo 10.2 que, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicadas as cualificacións obtidas polos candidatos no portal educativo www.edu.xunta.es/portal, resoltas as reclamacións presentadas, vista a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios e a proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Na súa virtude, este conselleiro

RESOLVE:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011, ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta resolución de adxudicación dos premios poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria
ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010-2011

DNI

Apelidos e nome

Centro de estudos

Importe premio

45960670-T

Castro Prado, Fernando

IES Plur. Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

750 €

32710455-Q

Pardo Francisco, Andrés

CPR Santa María del Mar (A Coruña)

750 €

53611389-E

Quintairos Soliño, Alba

IES Illa de Tambo (Marín-Pontevedra)

750 €

53199239-D

Barreiro Fernández, Laura

CPR Rosalía de Castro (Vigo-Pontevedra)

750 €

44656961-T

Paradela del Río, Mauro

CPR Plur. Santa María (Ourense)

750 €

53192923-H

Pérez Rodríguez, Natalia

CPR Plur. Miralba (Vigo-Pontevedra)

750 €

45957411-F

de Larrinaga Romero, Iago

IES Plur. Rosalía de Castro (Santiago de Compostela)

750 €

33560503-F

Carral López, Gabriel María

CPR Galén (Lugo)

750 €

77463202-F

García Penas, Abel

CPR Plur. Ntra. Sra. de los Dolores (Pontevedra)

750 €

77460236-P

Iglesias Rey, Sara

IES Valle-Inclán (Pontevedra)

750 €

48110526-T

Vila García, Diego

CPR Cristo Rey (A Coruña)

750 €

53199352-F

Díaz de Caso, Miriam

CPR Plur. Las Acacias (Vigo-Pontevedra)

750 €

48110057-Z

De la Iglesia López, Rebeca

CPR Calasanz-PP Escolapios (A Coruña)

750 €

44660206-W

Dasilva Villanueva, Nerea

IES As Lagoas (Ourense)

750 €

53859730-D

Irisarri Izquierdo, Arturo

IES do Castro (Vigo-Pontevedra)

750 €

53819300-J

Salvado Fernández, Alberto

IES do Castro (Vigo-Pontevedra)

750 €

45906642-E

Codesido Sánchez, Carlos

CPR Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela)

750 €

33558327-Q

Pérez Piñeiro, David

CPR Galén (Lugo)

750 €

33558669-J

Moeda Doval, Ismael

IES Lucus Augusti (Lugo)

750 €

77463629-C

Sanmartín López, Marta

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

750 €

Os/as gañadores/as deberán enviar, no prazo de dez días, á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, edificio administrativo, s/n, bloque 2, 1.º andar, 15781, Santiago de Compostela, a certificación da titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio.