Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 1 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se comunica a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 20 de xaneiro de 2012, ás 10.00 horas, no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Lugo, (sito na rolda da Muralla, 70) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

Lote 1.1

Predio 25.774. Tomo 768, libro 199 de Foz, folio 9. Urbana. Soar, en Vilarmeá, no parque empresarial de Foz, que ocupa a superficie de novecentos metros cadrados. Ref. catastral 7877047 PJ 3277 N 0001 WQ. Linceiros: fronte, vía; esquerda, desde esa fronte, parcela número 9; dereita, desde esa fronte, polígono 02 do Plan parcial; e fondo, parcela número 11. Sobre este terreo existe a seguinte edificación: nave, para uso industrial de planta baixa, que ocupa a superficie construída de cincocentos vinte e cinco metros cadrados e alta de trescentos setenta e cinco metros cadrados. Titularidade: Hostelería A Mariña, S.L., pleno dominio, por título de compravenda e obra nova.

316.575,00

125.133,05

191.441,95

500,00

Lote 1.2

Predio 25.777. Tomo 768, libro 199, folio 12. Urbana. Soar en Vilarmeá, municipio de Foz. Ocupa a superficie de oitocentos noventa e seis metros cadrados. Lindeiros: norte, vía; sur, desde esa fronte, parcelas 8, 9 e 10; leste, desde esa fronte, parcela 13; oeste, polígono 2 do Plan parcial. Ref. catastral 7877050 PJ 3277 N 0001 WQ. Titularidade: Hostelería A Mariña, S.L., 100% do pleno dominio por título de compravenda.

44.800,00

12.422,63

32.377,37

200,00

Lote 2. Único

Predio 19.519. Tomo 413, libro 174, folio 124. Urbana. Vivenda, piso 5.º A, sito no edificio da avenida Calvo Sotelo 176, na vila de Sarria. Ocupa a superficie de noventa metros cadrados. Correspóndelle como anexo o rocho situado na entreplanta, sinalado coa clave T-16. Ref. catastral 0374012PH3307S0025LB. Titularidade: Rosa María Liz Álvarez, 100% do pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

88.161,04

28.479,46

59.671,58

200,00

Lote 3.1

Predio 107.942 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 155. Urbana. Parcela doce, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de dous mil cento tres metros e dezaoito decímetros cadrados. Existe unha nave industrial dunha soa planta e que ocupa a superficie de mil cincocentos setenta metros cadrados. Ref. catastral 7672137PH1677S0001EZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

596.691,90

992.359,46

17.386,71

200,00

Lote 3.2

Predio 107.944 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 156. Urbana. Parcela trece, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de mil oitocentos oitenta metros e cinco decímetros cadrados. Existe unha nave industrial de dúas plantas e que ocupa a superficie de mil cincocentos oitenta e cinco metros e corenta decímetros cadrados. Ref. catastral 7672138PH1677S0001SZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

659.447,25

2.192.106,43

17.386,71

200,00

Lote 3.3

Predio 107.948 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 158. Urbana. Parcela quince, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de mil noventa e nove metros e vinte e tres decímetros cadrados. Existe unha nave industrial dunha soa planta e que ocupa a superficie de setecentos trinta e dous metros con oitenta e cinco decímetros cadrados. Ref. catastral 7672140PH1677S0001EZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

281.629,53

662.106,43

17.386,71

200,00

Lote 3.4

Predio 107.950 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 159. Urbana. Parcela dezaseis, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de mil sesenta e catro metros e vinte e seis decímetros cadrados. Existe unha nave industrial dunha soa planta e que ocupa a superficie de setecentos trinta e dous metros e corenta e oito decímetros cadrados. Ref. catastral 7672141PH1677S0001SZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

277.873,76

2.192.106,43

17.386,71

200,00

Lote 3.5

Predio 107.952 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 160. Urbana. Parcela dezasete, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de mil cincuenta e sete metros e setenta e seis decímetros cadrados. Existe unha nave industrial dunha soa planta e que ocupa a superficie de setecentos sesenta e un metros e corenta e un decímetros cadrados. Ref. catastral 7672142PH1677S0001ZZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

283.752,59

672.339,74

17.386,71

200,00

Lote 3.6

Predio 107.956 N. Tomo 1627, libro 1188, folio 162. Urbana. Parcela dezanove, sita no polígono do Ceao, na cidade de Lugo, procedente da división da parcela 59. Ocupa a superficie aproximada de dous mil sesenta e sete metros cadrados. Existe unha nave industrial dunha soa planta e que ocupa a superficie de mil cincocentos setenta e tres metros e noventa e seis decímetros cadrados. Ref. catastral 7672144PH1677S0001HZ. Titularidade: Morbidell Galicia, S.L., pleno dominio por título de división.

593.841,02

2.192.106,43

17.386,71

200,00

Lote 4. Único

Predio 30.817. Tomo 1620, libro 1181. Urbana. Vivenda, piso primeiro sito no edificio da rúa Galicia 16, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de oitenta e dous metros cadrados. Ref. catastral 8128046 PH 1682 N 0002 IW. Titularidade: Antonio Losada Mondelo, pleno dominio con carácter ganancial por título de compravenda.

95.087,20

574.096,56

52.673,28

200,00

Lote 5.1

Predio 107.924. Tomo 1774, libro 1335, folio 194. Urbana. Parcela tres, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de mil trescentos trinta e nove metros e cincuenta e sete decímetros cadrados. Ref. catastral 7672130PH1677S0001OZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

120.561,30

7.505,35

113.055,95

500,00

Lote 5.2

Predio 107.934. Tomo 1774, libro 1335, folio 195. Urbana. Parcela oito, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de mil cento oitenta e seis metros e oito decímetros cadrados. Ref. catastral 7672135PH1677S0001IZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

106.747,20

7.505,35

99.241,85

500,00

Lote 5.3

Predio 107.938. Tomo 1774, libro 1335, folio 196. Urbana. Parcela dez, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de dúas mil seiscentos trinta metros e oitenta e catro decímetros cadrados. Ref. catastral 7672127PH1677S0001OZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

236.775,60

7.505,35

229.270,25

500,00

Lote 5.4

Predio 107.962. Tomo 1774, libro 1335, folio 197. Urbana. Parcela vinte e dous, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de mil novecentos trinta e un metros e noventa e catro decímetros cadrados. Sobre ese predio hai unha nave industrial, dunha soa planta, coa superficie aproximada de mil catrocentos cincuenta e cinco metros e trinta e nove decímetros. Ref. catastral 7672123PH1677S0001LZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

595.171,40

7.505,35

587.666,05

1.000,00

Lote 5.5

Predio 107.964. Tomo 1774, libro 1335, folio 198. Urbana. Parcela vinte e tres, sita no polígono do Ceao na cidade de Lugo. Ocupa a superficie aproximada de mil setecentos cincuenta e nove metros e oitenta e nove decímetros cadrados. Sobre ese predio hai unha nave industrial, dunha soa planta, coa superficie aproximada de mil catrocentos cincuenta e seis metros e cincuenta decímetros. Ref. catastral 7672122PH1677S0001PZ. Titularidade: Remedios Mondelo Pérez, pleno dominio, con carácter privativo por título de adxudicación en pagamento de débedas.

579.227,36

7.505,35

571.722,01

1.000,00

Lote 6. Único

Predio 10.619. Tomo 2274, libro 151, folio 46. Urbana. Vivenda, en planta segunda con entrada polo portal IX do edificio situado na rúa Celso Emilio Ferreiro s/n, nas Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. Ocupa a superficie de oitenta e nove metros e noventa e dous decímetros cadrados. Correspóndenlle como anexos: unha praza de garaxe no soto, sinalada co díxito IX-46, e un cuarto rocho no faiado sinalado co mesmo díxito. Titularidade: Ana Belén Fernández López, con carácter privativo por título de compra.

363.822,29

100.542,74

263.279,55

500,00

Lote 7.1

Predio 16.456/15. Tomo 390, libro 160, folio 147. Urbana. Praza de garaxe, sinalada co número 15 na planta de soto do edificio da rúa Grego 6, na vila de Sarria. Ocupa a superficie construída de 9,9 metros cadrados. Lindeiros: dereita, entrando caixa de escaleiras; esquerda, espazo número 16; fondo; espazo número 14; e fronte, accesos. Titularidade: Julio Pérez Fernández, 1/15 do pleno dominio, con carácter ganancial.

8.108,10

5.034,80

3.073,30

100,00

Lote 7.2

Predio 16.459/15. Tomo 390, libro 160, folio 148. Urbana. Rocho, sinalado co número 15 no edificio da rúa Grego 6, na vila de Sarria. Ocupa a superficie construída de 123,55 metros cadrados. Lindeiros: norte, co citado pasadizo; sur, con terreo ou edificio sinalado co número 4 da rúa Grego; leste, paseo porticado común; e oeste, rúa Grego. Titularidade: Julio Pérez Fernández, 1/18 do pleno dominio, con carácter ganancial.

1.771,94

5.034,80

1.771,94

100,00

Lote 7.3

Predio 16.477. Tomo 371, libro 147, folio 166. Urbana. Vivenda, piso dúplex da cuarta planta, letra G, do edificio da rúa Grego 6, portal 1 na vila de Sarria. Ocupa a superficie útil de oitenta e dous metros cadrados. Lindeiros: norte, coa vivenda I en ambas as dúas plantas e oco de ascensor; sur, vivenda E; leste, corredor de acceso na cuarta planta e vivenda H na planta ático; e oeste, rúa Grego. Titularidade: Julio Pérez Fernández, 100% do pleno dominio, con carácter ganancial. Ref. catastral 0281704 PH 3308 S 0022 RA.

90.183,60

20.305,72

69.877,88

200,00

Lote 8. Único

13.200 participacións sociais de Norberto Solar, S.L. con CIF: B27351725, números 1 e 3.200 (ambas incluídas).

48.488,97

Sin cargas

48.488,97

200,00

Lote 9. Único

Predio 22.521. Tomo 439, libro 202, folio 102. Urbana. Roza Casa Rega Atán, sita en Goiriz, municipio de Vilalba. Ocupa a superficie de dez mil cento corenta e oito metros cadrados. Sobre este terreo existe a seguinte edificación: nave industrial de semisoto, planta baixa e planta primeira cun edificio pegado ao primeiro que consta de soto, planta baixa e planta primeira. Ten unha superficie ocupada de mil cento seis metros e corenta e un decímetros cadrados. Titularidade: Jamones Francisco Otero Pérez, S.L., 100% do pleno dominio por título de agrupación.

943.221,62

1.053.903,73

6.778,39

100,00

Lote 11. Único

Rústica. Grandas, destinada a piñeiral madeireiro e sita no municipio de Ribadeo. Ocupa a superficie de mil setecentos catro metros cadrados. Ref. catastral 27051A002000010000HH. Lindeiros: norte, parc. 4, polígono 2, lugar Grandas, da Consellería de Educación; sur, parc. 9003, estrada N-634; leste, parc. 2, pol. 2, paraxe Grandas de Isabel Rosa Pérez Martínez; e oeste, camiño a Grandas. Titularidade: Santiago López Suárez, 100% de propiedade.

9.199,20

Sin cargas

9.199,20

100,00

Lote 13. Único

Predio 24.806. Tomo 1327, libro 888, folio 149. Urbana. Piso segundo posterior, situado á traseira da terceira planta da casa sinalada co número 108 da rolda da Muralla na cidade de Lugo. Ocupa a superficie de cento dous metros con cincuenta e tres decímetros cadrados. Ref. catastral 7357017PH1673N0005MK. Correspóndelle como anexo o primeiro rocho dos situados á dereita entrando na parte posterior do faiado ou sexta planta. Titularidade: M.ª Amparo Pérez Pérez, por título de compra, con carácter privativo.

120.309,35

24.633,43

95.675,92

500,00

Lote 14. Único

Dereitos hereditarios que ao debedor José Manuel Santacruz Galán lle poidan corresponder sobre a herdanza de Manuel Santacruz Liz, falecido o 23 de marzo de 2010, foron declarados herdeiros José Manuel Santacruz Galán e Josefa Galán Silva segundo testamento con número de protocolo 2.679 do notario Mario Alfonso Calvo Alonso, de Lugo; segundo expediente de sucesións n.º 2010/27/000/00972 presentado na oficina do Departamento Territorial de Lugo da Consellería de Facenda.

166.592,17

Sen cargas

166.592,17

500,00

Lote 15. Único

Predio 7848. Tomo 454, libro 62, folio 172. Rústica. Cortiña Aira, sita no lugar de Infesta 11, parroquia Pino, municipio de Cospeito. Ocupa a superficie de mil catrocentos sesenta metros cadrados. Sobre este terreo existe unha vivenda unifamiliar, de dúas plantas, de oitenta e un metros cadrados do total da parcela, e ten o conxunto cento sesenta e dous metros cadrados edificados. Ref. catastral 27015 A 039000010000 SX. Titularidade: Teresa Veiga García, 100% do pleno dominio, con carácter ganancial, por título de compravenda.

43.189,20

42.795,89

393,31

100,00

Lote 16. Único

Predio 232. Tomo 451, libro 21, folio 134. Urbana. Edificación, sita na avenida de Portugal, 117 na vila de Rábade. Consta de planta baixa, planta primeira e baixo cuberta e ocupa a superficie de trescentos sesenta e oito metros cadrados. Ref. catastral 1652406 PH 1715 S 0001 FF. Titularidade: Roberto Méndez Baamonde, 1/3 parte indivisa, con carácter privativo por título de compravenda.

73.348,00

185.698,68

2.320,52

100,00

Lote 17.1

Predio 114.622. Tomo 1741, libro 1302, folio 103. Urbana. Local, en parte da planta baixa á rúa Conde e entreplanta á rúa Río Sil do edificio sito na rúa Conde facendo esquina á rúa Río Sil, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de douscentos noventa e cinco metros e corenta e seis decímetros cadrados. Titularidade: Vilela Inversiones, S.L., por título de división horizontal.

285.192,77

208.532,47

76.660,30

500,00

Lote 17.2

Predio 114.624. Tomo 1741, libro 1302, folio 104. Urbana. Local, situado en entreplanta á rúa Conde do edificio sito na rúa Conde facendo esquina á rúa Río Sil, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de corenta e tres metros e dez decímetros cadrados. Titularidade: Vilela Inversiones, S.L., por título de división horizontal.

41.602,28

17.554,77

24.047,51

200,00

Lote 17.3

Predio 114.626. Tomo 1741, libro 1302, folio 105. Urbana. Local, situado en entreplánta á rúa Conde do edificio sito na rúa Conde facendo esquina á rúa Río Sil, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de trinta e oito metros e oitenta e catro decímetros cadrados. Titularidade: Vilela Inversiones, S.L., por título de división horizontal.

37.490,31

42.2240,00

26.642,35

200,00

Lote 17.4

Predio 114.628. Tomo 1741, libro 1302, folio 106. Urbana. Local, situado en entreplánta á rúa Conde do edificio sito na rúa Conde facendo esquina á rúa Río Sil, na cidade de Lugo. Ocupa a superficie útil aproximada de cincuenta e oito metros e sesenta e dous decímetros cadrados. Titularidade: Vilela Inversiones, S.L., por título de división horizontal.

56.852,96

27.947,41

28.905,55

200,00

Lote 18. Único

Predio 26.021. Tomo 785, libro 211, folio 221. Urbana. Chaves, terreo sito na parroquia de Fazouro, municipio de Foz. Ocupa a superficie de mil novecentos setenta e nove metros cadrados. Ref. catastral 7979205 PJ 3277 N 0001 KQ. Titularidade: Promocións Cantábrico-Barreiros, S.L. (hoxe Construcciones Novahaus, S.L.), pleno dominio por título de compra.

14.760,62

150.072,847

14.760,62

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados na Zona de Recadación de Lugo, rúa Conde,30 baixo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrin-ximento nos cales constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estaren inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, deberán proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituir ante a mesa da poxa, con anterioridade a súa realización, un depósito do 20% do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habili-te para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da celebración da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes desde o do seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se alguhna delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Lugo, 1 de decembro de 2011.

Gonzalo Vázquez Rivas
Xefe territorial de Lugo e presidente da mesa