Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Venres, 23 de decembro de 2011 Páx. 37953

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación anticipada de gasto, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia (6 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque n.º 1, 2.º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es; rafael.isaac.juantey.mayan@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17043

8. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SEXU 9-10-11-12-13-14-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de vixilancia e seguridade en varios edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: seis.

Lote 1: sede do Rexistro Civil da Coruña.

Lote 2: sede do Rexistro Civil de Ourense.

Lote 3: sede dos xulgados do mercantil e do contencioso-administrativo da Coruña (plantas 5.ª, 6.ª e 7.ª do edificio Proa. Matogrande).

Lote 4: sede do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Tui.

Lote 5: edificio dos xulgados de Cangas.

Lote 6: sede da Subdirección do IMELGA na Coruña.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes indicadas no punto anterior.

e) Prazo de execución: seis meses contados a partir do día seguinte á sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 79710000-4 (Servizos de seguridade) e 79714000-2 (Servizos de vixilancia).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na letra J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 207.931,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 103.965,50 euros.

IVE (18%): 15.713,80 euros.

Importe total: 122.679,30 euros. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: Importe sen IVE: 19.655,17 €. Importe IVE (18%): 3.537,93 €. Total: 23.193,10 €.

Lote 2: Importe sen IVE: 19.655,17 €. Importe IVE (18%): 3.537,93 €. Total: 23.193,10 €.

Lote 3: Importe sen IVE: 25.862,07 €. Importe IVE (18%): 4.655,17 €. Total: 30.517,24 €.

Lote 4: Importe sen IVE: 12.931,03 €. Importe IVE (18%): 2.327,59 €. Total: 15.258,62 €.

Lote 5: Importe sen IVE: 12.931,03 €. Importe IVE (18%): 2.327,59 €. Total: 15.258,62 €.

Lote 6: Importe sen IVE: 12.931,03 €. Importe IVE (18%): 2.327,59 €. Total: 15.258,62 €

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe de adxudicación, IVE excluído. No caso de baixa desproporcionada terá que constituírse unha garantía do 10% do importe de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: para o suposto en que se licite a un número de lotes nos que os orzamentos de licitación sumen un importe superior ao establecido no artigo 65 do TRLCSP (120.000,00 €) exíxese clasificación no grupo M, subgrupo 2 e 3, categoría B.

b) Solvencia: no caso de se presentar a lotes cuxa suma sexa inferior a 120.000,00 €, requirirase a seguinte solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na letra G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano bloque 1, 2.º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.15 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2011.

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza