Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37860

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior da área de repartición número 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Con data do 29 de agosto de 2011 o Pleno corporativo do Concello do Porriño aprobou definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da área de repartición n.º 1, mediante acordo que ten o seguinte contido literal:

«1.º Aprobar definitivamente o Plan Especial de Reforma Interior da área de repartición n.º 1 do PXOM do Concello do Porriño, promovido por Jaime Campo Carrera e redactado polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Simón Pereiro López Quecuty, visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 12 de abril de 2011.

2.º Publicar o acordo de aprobación definitiva no DOG e a normativa e ordenanzas no BOP, pola aplicación do artigo 92 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia.

3.º Dar traslado á CPTOPT dunha copia adverada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos que integran o plan sobre os que se dita este acordo, debidamente dilixenciado polo secretario do concello».

A documentación correspondente á aprobación definitiva remitiuse á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda o 10 de novembro de 2011, con rexistro de saída n.º 5260.

Este acordo esgota a vía administrativa e contra este Plan Especial de Reforma Interior da área de repartición n.º 1, quen se considere lexitimado poderá interpor directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que a persoa interesada considere procedente, conforme a dereito.

De conformidade co disposto no artigo 70.2.º da Lei 7/1985, de bases de réxime local, e co artigo 92.2.º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística de Galicia, a normativa e ordenanzas deste plan parcial publícanse no BOP.

O Porriño, 14 de novembro de 2011.

José Nelson Santos Argibay
Alcalde