Tras se solicitada a licenza de instalación da actividade de depósito de gas propano 2.450 l (azotea), para subministración de gas á comunidade de propietarios de 13 vivendas na rúa Novoa Santos, s/n, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Gonzalo García Viador, en representación de Repsol Butano, S.A., neste concello tramítase o oportuno expediente.
En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles; que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia; para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.
O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina, de 9.00 a 14.00 horas.
Melide, 25 de novembro de 2011.
M.ª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa