Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2011 Páx. 37856

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de información pública sobre instalación de depósito de gas propano na avenida Toques.

Tras ser solicitada a licenza de instalación da actividade de depósito de gas propano, 10.000 l (soterrado), para subministración de gas á comunidade de propietarios de 33 vivendas na avda. Toques, s/n, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Gonzalo García Viador, en representación de Repsol Butano, S.A., neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción deste anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Melide, 25 de novembro de 2011.

M.ª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa