Tras ser solicitada a licenza de instalación da actividade de Depósito de Gas Propano, 4000 l (soterrado) para subministración de gas á comunidade de propietarios de 6 vivendas acaroadas na rúa Camiño de Traspedra, sometida a avaliación de incidencia ambiental, por Gonzalo García Viador, en representación de Repsol Butano, S.A., neste concello tramítase o oportuno expediente.
En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, procédese a abrir período de información pública por termo de vinte días hábiles, que comezará a contar desde o día seguinte ao da última inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade presente as observacións que considere pertinentes.
O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.
Melide, 25 de novembro de 2011.
M.ª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa